O Xardín e a Carballeira

Plano do Botánico de Caldas de Reis

Planifica a túa visita

Descarga o mapa

Xardín de Galiza

O Xardín Botánico e a Carballeira, cunha superficie superior ás 3 hectáreas e con ao redor de 400 exemplares leñosos, é o espazo verde con máis encanto e singularidade de Caldas de Reis.

Trátase dunha ampla zona para o esparexemento, a cultura e o lecer, aberto para o desfrute de todos aqueles que desexen relaxarse, facer deporte, refuxiarse do bulicio urbano e mellorar a súa saúde. De feito, é o parque máis visitado pola cidadanía local, por quen peregrina a Santiago e polos turistas.

Áreas do Botánico de Caldas

O Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis sitúase na marxe dereita do río Umia e divídese nestas zonas:

Parque-Xardín Botánico

Está delimitado por catro paseos:

  • Paseo das Criptomerias
  • Paseo dos Plátanos (un camiño interior na zona superior)
  • Paseo dos Carballos (que limita coa Carballeira)
  • Paseo dos Tileiros (máis próximo ao río)
  • Paseo de Román López (entrada natural ao xardín).

No seu límite co río comeza o Paseo fluvial A Tafona.

Carballeira

Pódese acceder polo Paseo dos Carballos e conta con arredor de 150-200 exemplares de carballos, moitos deles centenarios.

A Carballeira remata no Parque dos Choróns, unha pradería da ribeira fluvial que está situada xunto ao río e ten exemplares de salgueiros choróns, que dan nome ao parque.

Neste parque comeza a Ruta da Auga (PR-G 59), un paseo fluvial que chega ata a Fervenza de Segade e a antiga Fábrica da Luz.

Historia

Un espazo verde centenario declarado Ben de Interese Cultural (BIC)

A orixe do Xardín Botánico e Carballeira de Caldas de Reis remóntase a 1863, cando o auxe dos balnearios impulsou o proxecto dunha alameda que derivou no actual parque - xardín e carballeira.

Foi en 1883 cando o alcalde Antonio Román López, dentro do proxecto de modernización urbana da vila, compra a finca La Torre ao Conde de Canillas. A propiedade tiña tres hectáreas e distribúese nunha carballeira, no Grupo Escolar, nun asilo e na alameda.

Un ano despois, en 1884, o enxeñeiro agrónomo e director da Escola Provincial de Agricultura de Pontevedra, Francisco Alcarraz, encárgase do deseño do Xardín Botánico. O seu proxecto basease nun deseño paisaxístico de tipo inglés con matices xeométricos.

Logo da recuperación integral e das primeiras plantacións, o xardín experimentou varias restauracións ao longo dos anos, como os muros que se construiron para protexer a zona das crecidas do río Umia, a creación do Malecón no paseo fluvial, a recuperación do parque dos Choróns ou a plantación de novas especies.

No ano 2026, o Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis dan un paso máis no seu proceso de transformación a través do proxecto "Xardín Botánico e Carballeira de Caldas de Reis. Museo Aberto 24/7", unha acción promovida polo Concello de Caldas de Reis e financiada con Fondos NextGeneration EU a través da Secretaría de Estado de Turismo. O obxectivo é convertir o Botánico e a Carballeira nun destino turístico de vangarda, accesible e sostible, aproveitando ao máximo o seu patrimonio e as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

O proxecto supón a transformación dun espazo emblemático nun museo vivo, aberto todo o día, que une historia, paisaxe e novas formas de vivir o patrimonio.

Créase un novo Centro de Visitantes musealizado, enriquécese a visita nocturna cun novo deseño de iluminación e un espectáculo de videomapping e restáurase de forma integral, coa plantación de novas árbores e plantas e un renovado mobiliario urbano, entre outras actuacións deste proxecto.

O primeiro recoñecemento do Botánico chegou en 1962, cando recibe a declaración de Paraxe Pintoresca e Xardín Histórico. Hoxe, posúe a catalogación de Ben de Interese Cultural (BIC) como "sitio histórico".

Historia
Riqueza patrimonial

Riqueza patrimonial

O Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis constitúen un valioso patrimonio natural e cultural, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) dende 1962. A Carballeira, en particular, está catalogada como BIC baixo a tipoloxía de "Paisaxe Cultural".

Ademais, o Parque Xardín e Carballeira conta coa certificación de destino botánico de turismo científico do Observer Science Tourism.

A estes recoñecementos hai que engadir o premio Tres Flores de Honra do certame Vilas en Flor polo traballo realizado para mellorar os espazos verdes urbanos.

Este espazo, de aproximadamente 3,5 hectáreas, situado á beira do río Umia e coincidindo co Camiño Portugués, é un elemento central na identidade e no atractivo turístico da vila termal.

O Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis son un patrimonio excepcional que combina a riqueza botánica coa historia e a cultura local.

O xardín recibiu o recoñecemento por parte das seguintes entidades:

Vilas en Flor Galicia · Observer Turismo Científico

Catálogo de especies

O Xardín Botánico, creado en 1883, alberga especies autóctonas dos cinco continentes, seleccionadas, identificadas e inscritas baixo criterios científicos, sendo un valioso instrumento educativo e cultural para os visitantes.

En total, conta con 400 exemplares arbóreos, moitos centenarios, que pertencen a 71 especies diferentes.

O xardín conta cunha gran variedade de especies arbóreas, moitas delas exóticas, procedentes dos cinco continentes. Destacan especialmente:

Especies senlleiras como a Cunninghamia lanceolata (de case 30 metros de altura) e a Araucaria angustifolia ou Araucaria do Brasil (considerada a máis alta de Galicia con 34 metros), ambas as dúas incluídas no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

A Carballeira, que posúe uns 200 exemplares, está declarada como "Conxunto" dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

A colección de camelias, con exemplares antigos de Camellia japonica 'Mathotiana Alba' e a Camellia reticulata 'Caldas', nomeada na honra de Francisco José de Caldas e Tenorio, que se plantou en 2016 co gallo do bicentenario da morte deste científico e heroe da guerra de Independencia de Colombia, fillo dun caldense e nomeado Fillo adoptivo de Caldas. A camelia reticulata 'Caldas' foi incorporada no Rexistro Internacional da Camelia en 2021.

Catálogo de especies

Catálogo botánico

A
Acer negundo L.
Acer palmatum Thunb.
Aesculus hippocastanum L.
Ageratina ligustrina (DC:) R. King & H. Robinson
Alnus glutinosa (L.) Gaertn.
Araucaria angustifolia (Bertol.) Kuntze
Arbutus unedo L.
B
Betula pubescens Ehrh.
Brugmansia insignis (Barb. Rodr.) Schult.
C
Callistemon citrinus (Curtis) Skeels
Camellia japonica L.
Camellia reticulata Lindl.
Camellia sasanqua Thunb.
Casuarina cunninghamiana Miq.
Catalpa bignonioides Walter
Cedrus atlantica (Endl.) Manetti ex Carrière Grupo Glauca
Cedrus deodara (Roxb. ex D. Don) G. Don
Cedrus libani A. Rich.
Cephalotaxus harringtonii (Knight ex J. Forbes) K. Koch
Cercis siliquastrum L.
Chamaecyparis lawsoniana (A. Murray bis) Parl.
Cinnamomum camphora (L.) J.Presl
Cordyline australis (G. Forst.) Endl.
Corylus avellana L.
Cotoneaster glaucophyllus Franch. var. serotinus (Hutch.) L.T. Hu & Brach
Cryptomeria japonica (Thunb. ex L. f.) D. Don.
Cunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook.
E
Eucalyptus globulus Labill.
F
Fagus sylvatica L.
Fraxinus excelsior L.
G
Ginkgo biloba L.
L
Liquidambar styraciflua L.
Liriodendron tulipifera L.
M
Magnolia grandiflora L.
Melaleuca armillaris (Sol. ex Gaertn.) Sm.
Myrtus communis L.
P
Picea abies (L.) H. Karst.
Platanus × acerifolia (Aiton) Willd.
Populus alba L. 'Pyramidalis'
Prunus cerasifera Ehrh. 'Nigra'
Prunus laurocerasus L.
Pseudotsuga menziesii (Mirb.) Franco
Q
Quercus robur L.
Quercus rubra L.
Quercus suber L.
S
Salix (Grupo Sepulcralis) 'Chrysocoma'
T
Thuja plicata Donn ex D. Don
Tilia × europaea L.
Tilia platyphyllos Scop.
Tilia tomentosa Moench

Carballeira

A carballeira, de orixe antrópica e con formación en retícula, conta con arredor de 150-200 exemplares de carballos, moitos deles centenarios, e está declarada "Conxunto" dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

A carballeira está composta principalmente, como indica o seu nome, por exemplares de carballo, da especie Quercus robur, pero tamén existen exemplares doutras especies como Castanea sativa, Tilia platyphyllos e Platanus x hispanica. Mesmo hai unha palmeira na parte máis próxima ao muro sito ao este.

Carballeira
Patrimonio cultural

Patrimonio cultural

O conxunto natural complétase con elementos culturais, como monumentos escultóricos dedicados ao apóstolo Santiago e ao mundo do Xacobeo, bustos de persoeiros locais, escudos da vila e a Torre de Dona Urraca (raíña de Castela, cuxo fillo, Alfonso VII, naceu nesa torre en 1105) e unha placa na honra do científico Francisco José de Caldas, que converten este espazo en lugar da memoria de Caldas de Reis.

Tamén destaca unha escultura de Manolo Paz adicada ás vítimas do 11-M e a obra "Memorial", un muro das palabras realizado por Xavi Muñoz con motivo da X edición da Mostra de Arte Público "Kaldarte".

Puntos de interese cultural:

  • Escultura a Francisco Alcarraz
  • Fonte e estatua de Laureano Salgado Rodríguez
  • Estatua de Dolores e Fermín Mosquera
  • Escudos da vila e a Torre de Dona Urraca
  • Placa conmemorativa a Francisco José Caldas
  • Placa conmemorativa a Ania Horszowski
  • Escultura “Follas de pedra”
  • Monumento ao Apóstolo Santiago - Fonte do Peregrino
  • Fontes
  • Placa inaugural do Paseo Fluvial do Umia
  • Escultura de Manolo Paz adicada ás vítimas do 11-M
  • Muro das palabras "Memorial" de Xavi Muñoz
O Xardín e a Carballeira | Xardín Botánico de Caldas de Reis