Proxecto Museo 24/7
O Concello de Caldas de Reis puxo en marcha unha iniciativa estratéxica para transformar o Xardín Botánico e a Carballeira nun museo vivo, aberto todo o día, que une historia, paisaxe e novas formas de vivir o patrimonio.
Esa iniciativa é unha realidade co proxecto "Xardín Botánico e Carballeira de Caldas de Reis. Museo Aberto 24/7", que recibiu unha subvención ao abeiro da Orde ICT/1363/2022 do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, de 22 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para o Programa de mellora da competitividade e dinamización do Patrimonio Histórico con uso turístico, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O Proxecto enmárcase e está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
O proxecto "Xardín Botánico e Carballeira de Caldas de Reis. Museo Aberto 24" inclúe as seguintes actuacións:
Proxecto turístico: Deseño da experiencia e musealización
Restauración integral do BIC
Centro de Visitantes 24/7
Ámbito exterior: Enriquecemento da visita (Visita dixitalizada + Evento nocturno)
Instalación fotovoltaica
Comunicación e acción social
Importe da subvención: 1.452.000 €