Turismo e servizos

Turismo

Caldas de Reis é un destino turístico marcado pola súa identidade como vila termal, polo seu protagonismo como paso do Camiño Portugués e pola súa posición estratéxica, a medio camiño entre Santiago de Compostela e Pontevedra, sendo unha porta de entrada ao Val do Salnés e ás Rías Baixas.

O desenvolvemento histórico da vila pivota os usos mineiro-medicinais das augas dende a época romana, unha industria histórica de base local (industria papeleira, a tafona e a fábrica da luz de finais do XIX) e o seu emprazamento nunha vía de comunicación clave en Galicia (histórica conexión de Santiago de Compostela co Norte de Portugal e coa costa das Rías Baixas).

Turismo
Turismo

Todo isto deixou unha pegada importante no seu patrimonio arquitectónico, tanto civil, como industrial e relixioso; tamén no seu dinamismo cultural e inquedanzas intelectuais e, sobre todo, na relación humana coa paisaxe e coa natureza.

Caldas de Reis é un destino de múltiples experiencias, vertebrado por unha historia viva, tradicións profundamente arraigadas e unha identidade de seu.

Caldas de Reis defínese como un destino onde o turismo termal e o Camiño Portugués artellan a oferta conformada por recursos históricos e patrimoniais ligados directa ou indirectamente con estes dous elementos.

Principais recursos turísticos

Balneario Dávila

Balneario Dávila

É a orixinal casa de baños Dávila de 1780 e atópase no centro de Caldas de Reis. É un dos balnearios de Caldas de Reis e na actualidade funciona como hotel e como centro de tratamentos hidrotermais e de benestar.

O Balneario Dávila conta cun fermosísimo canaveiral con canas de bambú, único no seu xénero.

A Fonte da Burga

A Fonte da Burga

É o emblema da vila e o corazón da súa identidade termal. Esta fonte pública feita polo Concello de Caldas en 1881, de estilo neoclásico, verte auga mineiro-medicinal con propiedades curativas a uns 45°C.

Esta fonte, pertence á tipoloxía de "fontes de caño", constituídas por dous canos ornamentados con cabeza de León, situados á saída do manancial, cun nivel máis baixo para alcanzar maior presión.

A Fonte da Burga atópase no centro da vila, xunto ao Hotel Balneario Dávila, e moi preto dela está o lavadoiro de roupa, que se abastece do mesmo manancial de auga quente. É moi común ver peregrinos facendo unha parada no camiño.

A Fonte da Burga de Caldas de Reis representa a continuidade dunha tradición que vén dende a época romana (cando a vila era coñecida como Aquis Celenis) pero tamén as inquedanzas intelectuais da vila que encargou este proxecto a Alejandro Rodríguez Sesmero.

Balneario Acuña

Balneario Acuña

Atópase ao outro lado do río Umia e é un edificio de arquitectura galega de principios do século XX.

Fundado polo sacerdote Pedro Acuña e Malvar a principios do século XIX, foi declarado de utilidade pública en 1813 polas propiedades mineiro-medicinais das súas augas.

Ademais de hotel, o Balneario Acuña de Caldas de Reis ofrece diferentes circuitos e tratamentos. Conta cunha pisicina exterior de auga termal e está rodeado de xardíns e terraza.

Xardín Botánico e a Carballeira

Xardín Botánico e a Carballeira

Declarado Ben de Interese Cultural (BIC), é un dos espazos verdes máis singulares de Galicia.

O Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis conta con especies de todos os continentes e camelias centenarias.

É un dos espazos máis desenvoltos ao longo da historia: dende a súa tradición de espazo de recreo termal ás experiencias asociadas ao Festival Cultura Quente e máis tarde ao PortAmérica, unindo natureza e diversidade cultural. Na actualidade é o epicentro das actividades da Feira Tradicional de Caldas que congrega cada ano en agosto a centos de visitantes.

Igrexa de Santa María

Igrexa de Santa María

Un dos principais recursos patrimoniais relixiosos. Aínda que sufriu reformas, conserva unha ábsida románica de gran pureza e unha portada do século XII. No muro norte do interior do templo ten un coroamento duns baldaquinos oxivais do s. XV, que pertencían ao adro da igrexa que, segundo estudos, poderían representar as naves de Colón e o escudo dos Reis Católicos.

A Igrexa de Santa María de Caldas de Reis é clave para entender o peso histórico da vila na Idade Media. A igrexa é o escenario da lenda que Alfonso X o Sabio relata na "Cantiga de Santa María 104".

Praza das Palmeiras e San Tomé

Praza das Palmeiras e San Tomé

A súa posición no centro neurálxico da vila convirte a Praza das Palmeiras nun dos elementos máis fotografados e de grande afluencia turística.

A súa orixe de finais do século XIX proxectado por Jenaro de la Fuente está ligado ao desenvolvemento urbano da época e sendo construída a igrexa de Santo Tomás Becket (neogótica, 1884) con pedras da antiga torre medieval da raíña Dona Urraca.

Ponte Segade

Ponte Segade

Ponte Romana de A Baxe, do século I, de un só arco, en Segade, a dous kilometros de Caldas, polo que pasaba a vía interior que ía dende Tui a Caldas. Os restos desta vía son perfectamente visibles na calzada que vai ao lugar.

A Ponte Segade foi profundamente remodelada, no ano 1729, polo párroco do lugar.

Ponte Bermaña

Ponte Bermaña

É o símbolo do Camiño Portugués ao seu paso pola vila. Construída na época romana e reformada no século XVI, esta ponte sobre o río Bermaña é un punto de paso obrigatorio para miles de peregrinos, mantendo vivo o relato de Caldas como encrucillada de camiños e como vila histórica.

A Ponte Bermaña, de orixe romana, está formada por tres arcos de medio punto e tallamares de forma angular.

Fervenza de Segade e a "Fábrica da Luz"

Fervenza de Segade e a "Fábrica da Luz"

Un espectáculo natural do río Umia. O interese reside no contraste entre a paisaxe indómita da fervenza e as ruínas da antiga central hidroeléctrica (a Fábrica da Luz), que conta a historia da industrialización temperá da zona.

Atópase en Segade e pódese acceder camiñando dende o Xardín Botánico e a Carballeira.

Gastronomía

Un dos produtos estrela da gastronomía da vila é o roscón de Caldas de Reis. Este doce tradicional elabórase de forma artesanal e a súa apariencia única distíngueo doutros roscóns.

Dáselle unha forma antropomorfa con dúas figuras, unha que serve como base e o "meniño" que vai enriba coroando. Remátase cunha cobertura de ovo e azucre.

Nas panaderías de Caldas de Reis atópanse outros produtos como os "Fanchucos" e os "Cornechos", elaborados de pan de manteiga.

Gastronomía

Servizos

Caldas de Reis conta con numerosas propostas de aloxamento, nos seus balnearios, hoteis, prazas de turismo rural ou albergues para os peregrinos.

Para completar a experiencia, a vila ofrece unha ampla variedade de locais de hostalería para comer, así como outras propostas de ocio nocturno.

Deseguido, recompílanse os principais aloxamentos en Caldas de Reis, restaurantes, bares e mesóns para comer en Caldas de Reis.

EstablecementoCategoríaDirecciónTeléfonoWeb
ALBERGUE AGARIMOAlbergue📍Av. Pedro Mateo Sagasta, 48 - 1º📞677 338 700—
ALBERGUE ALBORAlbergue📍Rúa Real, 63📞600 351 157Web →
ALBERGUE DONA URRACAAlbergue📍Campo da Torre, 1📞986 541 310 / 683 605 335—
ALBERGUE TIMONELAlbergue📍Rúa Ferrería, 3📞986 540 840 / 696 805 303Web →
ALBERGUE AS POZAS TERMAISAlbergue📍Rúa Carlos García Bayón, 5📞986 070 731 / 666 941 113Web →
ALBERGUE A QUEIMADAAlbergue📍Rúa Ferrería 25 - 29📞986 189 194Web →
ALBERGUE VINTECATROAlbergue📍Tivo 58, Santa María📞659 061 792Web →
ALBERGUE GBC CALDASAlbergue📍Rúa das Silgadas, 16📞604 053 729Web →
BALNEARIO ACUÑABalneario📍Rúa Ferrería, 2📞986 540 000—
BALNEARIO DÁVILABalneario📍Rúa Laureano Salgado, 11📞986 540 012—
HOTEL CIPRÉSHotel📍Estr. Nacional 640 A, Km. 234, nº 28📞986 512 000—
HOTEL CANO ALTOHotel📍N-550, 94 (Bemil)📞986 540 528Web →
HOTEL LOTUSHotel📍Av. Dolores Mosquera, 27📞986 540 602 / 670 466 063Web →
HOTEL O CRUCEIROHotel📍Rúa Juan Fuentes, 44📞986 540 165Web →
HOTEL POUSADA REALHotel📍Rúa Real, 58📞986 189 910Web →
HOTEL ROQUIÑOHotel📍Rúa Fornos, 3📞886 251 020Web →
HOTEL SENAHotel📍Rúa Juan Fuentes, 99📞986 540 596Web →
MOTEL CALDASHotel📍Lg. Follente - Berril📞986 530 011—
CASA LOUREIROTurismo Rural📍Lg. Cardin, 26 - Saiar📞986 535 238Web →
CASAL DOS CELERISTurismo Rural📍a Revolta, 6 (Godos)📞609 478 089Web →
TORRE DO RÍOTurismo Rural📍Lg. Baxe 1, San Andrés de César📞986 540 513 / 607 289 265Web →
OLIVO DE REISPensión e aloxamento📍Lg. A Riba, 4 A - Godos📞621 340 619Web →
KALIDAS HOSTEL SUITESPensión e aloxamento📍Rúa Ferrería 21 - 23📞699 906 411Web →
PENSIÓN CALDEAPensión e aloxamento📍Porto do Río, 29📞637 477 040—
A CASA DO LATONEIROPensión e aloxamento📍Rúa Real, 19📞986 189 910—
AIRES DO UMIAPensión e aloxamento📍Av. Mateo Sagasta, 12📞660 271 994—
ALOJAMIENTO CALDAS DE REISPensión e aloxamento📍Rúa Laureano Salgado, 5 - 7📞665 286 957—
CASA HERRERÍAPensión e aloxamento📍Rúa Ferrería, 43📞658 780 098—
ESTRELLA DO CAMIÑOPensión e aloxamento📍Lg. Outeiro, 6 - Berril📞648 68 05 22—
LA MODERNAPensión e aloxamento📍Av. Pedro Mateo Sagasta, 9📞986 540 312 / 638 383 842Web →
PENSIÓN A SENDAPensión e aloxamento📍Av. de Pontevedra, 2 - 4📞659 081 672—
PENSIÓN AS BURGASPensión e aloxamento📍Rúa Juan Fuentes, 21 – 4º A📞615 033 297Web →
PENSIÓN AUGAS QUENTESPensión e aloxamento📍Rúa Porto do Río, 10 – 1º A📞637 477 040Web →
PENSIÓN CALDASPensión e aloxamento📍Rúa Juan Fuentes, 19📞651 810 804 / 986 530 571—
PENSIÓN FORNOSPensión e aloxamento📍Rúa Fornos, 16 – 3º I📞660 293 591—
PENSIÓN RÍO UMIAPensión e aloxamento📍Av. Pedro Mateo Sagasta, 16📞650 293 591 / 625 127 811Web →
PENSIÓN TIMONELPensión e aloxamento📍Travesía das Ovellas, 1📞986 540 840 / 696 805 305—
PENSIÓN SEVIPensión e aloxamento📍Lg. Cruceiro, 32 - Carracedo📞986 534 071—
VÍA XIXPensión e aloxamento📍Rúa Fornos, 13📞986 541 425 / 621 225 982Web →
VILLA GALICIAPensión e aloxamento📍Rúa Gaioso, 16📞986 530 571 / 651 810 804—
A BODEGA DO ROXOHostalería📍Rúa a Pena, 3📞627 568 644—
A TAFONA FOOD&FUNHostalería📍Pza. Tafona, 14📞630 059 138—
MESÓN CABANAHostalería📍Rúa Fermín García Diez 5📞828 010 169—
LA BURGER📍Paseo Román López, 1📞886 30 93 13—
BAR A SENDAHostalería📍Trav. Pontevedra, 2 - 4📞659 081 672—
BAR CALDASHostalería📍Rúa Juan Fuentes, 19📞986 530 571—
BAR CHENLOHostalería📍Lg. Gorgullón, 11 Carracedo📞986 534 572—
BAR CRUCEHostalería📍Lg. Gorgullón, 7 Carracedo📞986 534 100—
BAR ESQUINALHostalería📍Rúa Juan Fuentes, 2📞986 540 239—
BAR ESPERÓNHostalería📍Lg. Cruceiro, 27 Carracedo📞986 534 232—
BAR LA CATEDRAL DEL SABORHostalería📍Av. Dolores Mosquera, 28📞623 11 24 61—
BAR LAS PALMERASHostalería📍Rúa Oliva, 6📞986 540 723—
BAR LAS VEGASHostalería📍Lg. Veiga de Almorzar, 29 Berril📞986 540 302—
BAR LOSADAHostalería📍Av. de Pontevedra, 11📞986 540 728—
O LOUREIRO (Tapería)Hostalería📍Rúa Loureiro s/n📞986 540 925—
BAR NARCISOHostalería📍Rúa José Salgado, 11📞986 530 053—
BAR O COXOHostalería📍Lg. Regengo, 11 Godos📞607 889 259—
BAR O CUBERTOHostalería📍Lg. Ameal, 3 (Arcos da Condesa)📞986 540 257—
BAR SOUTOHostalería📍Souto de Arriba, 8 Saiar📞986 541 297—
BAR TIMONELHostalería📍Trav. Das Ovelhas📞986 540 840—
BAR VOLTA DA PEDRAHostalería📍Lg Santa Catalina, 2 Godos📞610 368 756—
CAFÉ BAR INMERSOHostalería📍Rúa Real, 30📞—
CAFÉ - BAR LAS PALMERASHostalería📍Paseo das Palmeiras, 1📞986 540 723—
CAFÉ BAR RODEOHostalería📍Rúa José Salgado, 41📞—
CAFETERÍA CAPRICHOSHostalería📍Praza das Palmeras, 1📞986 500 482—
CAFETERÍA CERVELAHostalería📍Rúa Pedro Mateo Sagasta, 26📞986 530 895—
CAFETERÍA O TORQUEHostalería📍Rúa Joaquín Potel, 10📞986 530 989—
CAFETERÍA TERMASHostalería📍Rúa Laureano Salgado, 3📞986 540 393—
CAFETERÍA UNIVERSALHostalería📍Rúa Dolores Mosquera, 6📞986 530 770—
CAFETERIA NOVO VARADOIROHostalería📍Rúa Fermín García Diez, 11📞986 530 895—
CASA CAROTEHostalería📍Lg. Tivo, 5📞986 540 516—
TAPERÍA 5 JOTASHostalería📍Campo da Torre, 3📞652 502 297—
LA BODEGUILLAHostalería📍Av. Pedro Mateo Sagasta, 15📞667 339 010—
MESÓN BERMAÑAHostalería📍Rúa Porto do Río, 29📞986 540 898—
PARRILLADA ANTONIOHostalería📍Lg. Cruceiro, 32 (Carracedo)📞986 534 260—
PARRILLADA O CASTRO DOS TALLOSHostalería📍Lg. Casalderrique, 43 (Carracedo)📞986 534 122—
RESTAURANTE CANO ALTOHostalería📍N-550, 94 (Bemil)📞986 540 526—
RESTAURANTE CIPRÉSHostalería📍Estr. Nacional 640 A, Km. 234, nº 28📞986 512 000—
RESTAURANTE O CRUCEIROHostalería📍Rúa Juan Fuentes Echevarría, 44📞986 540 022—
RESTAURANTE ROQUIÑOHostalería📍Rúa Sagasta, 25📞986 540 820—
RESTAURANTE SENAHostalería📍Rúa Juan Fuentes Echevarría, 99📞986 540 166—
TABERNA O MUÍÑOHostalería📍Av. Pedro Mateo Sagasta, 2📞986 540 225—
VINOTECA DIFERENT.EHostalería📍Rúa Real, 65📞659 747 351—
BAR CAFETERÍA EL 3 AL REVÉSHostalería📍Rúa Laureano Salgado, 11📞986 540 012—
BAR CAFETERÍA POUSADA REALHostalería📍Rúa Real, 58📞986 189 910—
TAPERÍA LA REALHostalería📍Rúa Constitución, 2📞986 530 138—
O ENCONTRO GASTROBARHostalería📍Rúa Porto do Río, 29📞986 530 751—
PIZZERÍA LA MARGARITAHostalería📍San Roque, 2 izq.📞986 539 013—
PIZZERÍA CAMINITOHostalería📍Rúa José Salgado, 13📞986 24 54 94—
TÍA MARUJA PUBPub e discoteca📍Campo da Torre, 15📞618 934 019—